Detectado un vertedoiro ilegal en Camiño de Anguieiro, en Lugo

Esta madrugada os axentes do Grupo Operativo Nocturno localizaron a situación dun depósito de residuos en Camiño de Anguieiro, zona sobre a que se viña realizando vixilancia desde o pasado mes de outubro, cando os locais sorprenderon a un individuo realizando unha queima de restrollos sen autorización.

Naquel momento, o individuo foi denunciado pola falta de permiso para realizar a queima referida. Esta noite, ademais, os axentes formuláronlle unha denuncia por infracción á Lei de Residuos e Chans Contaminados de Galicia, xa que almacena no lugar chasis de automóbiles, restos de electrodomésticos e residuos varios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com