Catro novos casos de Coranavirus, veñen sumarse aos 54 de onte, o que dá como resultado un total de 58 persoas infectadas na provincia de Lugo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus ascende a 885 en Galicia. A área de Lug, como diciamos, conta co 58 infectados. No resto do país corresponden: 226 á área da Coruña, 95 á de Ourense, 136 de Pontevedra, 212 na área de Vigo, 130 na de Santiago, e 28 na de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 33 permanecen en UCI, 227 están en unidades de hospitalización e 625 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 16 altas de pacientes e 14 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 81 anos que estaba ingresado no CHUAC e unha muller de 77 anos ingresada no Hospital Juan Cardona de Ferrol. Os dous tiñan patoloxías previas.
O número de probas realizadas é de 5.052.
Información:uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas.