Detida en Sarria por explotar a tres traballadores nunha granxa

Unha muller foi detida en Sarria pola explotación laboral de tres homes aos que captou en Colombia, o seu país de orixe, e aos que tiña prometido un contrato nunha granxa de porcino onde, en realidade, vivían en condicións “inhumanas, insalubres e sen dereito laboral nin asistencial”. Asó o deu a coñecer a Policía Nacional a través dun comunicado no que informan, ademáis, de que a detención tivo lugar o pasado mércores e de que a muller se lle relaciona con tres delitos de trata de seres humanos con fins de explotación laboral e dun delito contra os dereitos ods traballadores.

As investigacións levadas a cabo polos axentes da Policía Nacional desvelaron que a detida captou aos tres traballadores baixo engano e coa promesa de conseguirlles os papeis para traballar en España, algo que nunca chegou a facer. A muller investigada enviáralles ao seu enderezo electrónico a reserva do billete de avión, dun hotel e o seguro de viaxe para que os traballadores puideran entrar en España.

A Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras de Lugo, que levou toda a investigación, puxo á detida a disposición do Xulgado de Instrución de Sarria.

Condicións “inhumanas”

Os traballadores foron aloxados nunha vivenda no interior da propia granxa, con humidade no teito, “moita sucidade” no chan, bolsas de lixo apiladas á entrada e un ambiente “alagado de malos cheiros”, segundo describe o relato policial.

“Para durmir, os traballadores tiñan un colchón cos peiraos rebentados e un sofá cama na cociña, o váter non se podía usar xa que as tubaxes non desaugaban, había ratos mortos no chan e telarañas polas paredes”. Ademais, segundo indica a Policía Nacional, os homes non dispoñían de auga potable, só de auga da traída do río, que a maioría das veces saía chea de barro.

Os cidadáns colombianos empezaron a traballar de forma inmediata nada máis chegar a España, tras aprender doutra persoa o que había que facer.”En ningún momento se lles indica con que medios contan e que medidas de protección”, asegura a Policía Nacional. Traballaban seis días á semana, 11 horas ao día e libraban só un día que era o que decidía a detida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com