Os feitos tiveron lugar sobre as 1,30 horas de hoxe 7 de xullo, cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Paseo dos Estudantes xa que ao parecer un home e unha muller estaban a agredirse mutuamente.
Os axentes que comparecen de inmediato no devandito lugar atopan a un home de 28 anos de idade co torso espido e sen zapatos, manifestando que momentos antes tivera unha discusión coa súa noiva e por mor da cal se agrediron mutuamente, propinándose diversos golpes, observando que presenta varias erosións no pescozo e cara.
Que a escasos metros áchase a muller, da mesma idade, moi nerviosa e alterada, manifestando que tivera unha discusión coa súa parella, chegando a ameazarse e golpeándose mutuamente, indicando que non é a primeira vez que ocorren feitos similares, procedendo os axentes á detención de ambos e o traslado do home a un centro médico e á muller ao HULA para ser atendidos polos facultativos, sendo conducidos posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado.
Asemade, durante a madrugada do 6 ao 7 de xullo/22 efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificaron os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, detectando ás 2,00 horas na rúa Mariña Española a circulación irregular dun vehículo, cuxo condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
Ás 5,50 horas unha patrulla camuflada dá o alto a un vehículo na rúa Camiño de Pipín cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
Auxilio a cidadán
Na mañá do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Otero Pedrayo xa que unha persoa caeuse no interior do seu domicilio e non era capaz de levantarse.
Os axentes acceden ao interior do piso a través da vivenda dun veciño, comprobando que un home de 73 anos atopábase tirado no chan da habitación, sendo auxiliado polos axentes que o incorporan con todo coidado e déitano na cama, quedando ao coidado dunha familiar, non sendo preciso asistencia sanitaria.
Imaxe: foto arquivo Policía Local de Lugo