Detidas 11 persoas en Lugo e León por revender a baixo prezo vehículos de alta gama

A Garda Civil detido nas provincias de Lugo e León a un total de 11 personas que pertencían a unha rede dedicada a revender a baixo prezo vehículos de alta gama. Impútanselle os delitos de falsidade documental, usurpación de estado civil e pertenza a grupo criminal.

A rede da que formaban parte os prendidos captaba persoas de escasos recursos económicos que, por unha cantidade económica, se ofrecían como titulares para a adquisición de vehículos de alta gama. Unha vez captados, pedíaselles a documentación necesaria para a concesión dun crédito nunha entidade financieira e a continuación esta era enviada vía telemática a un concesionario de Lugo.

Unha vez aprobado o financiamento polo concesionario, asinábanse os contratos de compravenda e rapidamente se retiraba o vehículo coa documentación orixinal do establecemento de venda. Acto seguido realizábase unha segunda revenda para eludir a inscripción do ben no rexistro de bens e inmobles. A revenda realizábase por un prezo moi inferior ao de venda ao público no concesionario.

Segundo o Instituto Armado, os detidos falsificaban documentación mediante procedementos informáticos para obter créditos financieiros. Ademais, empregaban un selo oficial roubado dunha entidade bancaria para dar máis credibilidade ás falsificacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com