Detido como suposto autor dun delito de lesións

A Garda Civil detivo ás 21.30 horas de onte no quilometro 62,400 da estrada N-640 a un veciño de Lugo de 31 anos de idade como suposto autor dun delito de lesións.

Tras ter comunicación de que supostamente ocorreu un accidente de circulación na N-640, trasladase ao lugar unha patrulla da Garda Civil observando ao chegar un varón tendido no chan con lesións de diversa consideración propinadas por un terceiro.

Segundo testemuñas presenciais o agresor fuxe campo a través, iniciándose un operativo de búsqueda, dando como resultado a localización do fuxido a uns 800 metros do lugar, encontrándose o mesmo completamente espido e intentando parar os coches que circulan en ambos sentidos pola estrada nacional 640. Este ao observar aos Axentes intenta escapar ocultándose no interior dun contenedor que estaba nas proximidades dunha igrexa.

A persoa detida será posta a disposición xudicial no día de hoxe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com