A Garda Civil detivo onte en Foz a un veciño de Ferrol de 39 anos de idade como presunto autor dun delito de subtración dun vehículo sen intimidación. Os feitos tiveron lugar en torno ás 14.00 horas do día de onte nunha estación de servizo de Mondoñedo, onde se atopaba o vehículo subtraído.
O coche foi entregado aos seus propietarios e o detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción Número 1 de Mondoñedo.