A Garda Civil detivo na madrugada de onte, en torno ás 02.30 horas, en Sarria, a un veciño de Monforte de Lemos como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
O home, de 45 anos de idade, tiña no seu poder 25 gramos dunha substancia que podería ser cocaína, 10 gramos de haxix e 2 gramos de suposta MDMA; ademáis de 3.700 euros en metálico.
O detido foi posto onte a disposición xudicial.