Detido o dono da administración de lotería de Lamas de Prado e dous cómplices polo roubo de 400.000 euros

A xuíza xa arquivara o caso pero a policía seguiu a investigar o atraco que se producira hai uns meses na administración de lotería de Lamas de Prado e deu en Madrid coa parella que perpetrou o atraco e que acabou delatando ao propietario de dita administración que xa se atopa nos calabozos da comisaría de policía na rúa Chantada, a espera de pasar a disposición xudicial. Tamén a parella, un home é unha muller están detidos na capital do estado.

Os detidos en Madrid,  unha parella de cidadáns  estranxeiros, no de Colombia como asegurara o agora detido, confesaron que fora o dono da administración o que urdiu o atraco no que levaron 400.000 euros, a recadación de varios días da devandita administración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com