Detido o presunto autor do furto dun turismo en Palas de Rei

A Garda Civil detivo esta madrugada na localidade de Sarria a un veciño de Tineo (Asturias) de 56 anos de idade como presunto autor dos delitos de furto de uso de vehículo e conducir con perda de vixencia de permiso de conducir.

A persoa detida conducía por unha céntrica rúa da localidade de Sarria o vehículo substraído o mesmo día na localidade lucense de Palas de Rei, unha vez identificado e detido, os axentes comprobaron que tiña unha perda da vixencia do permiso de conducir por perda de puntos desde agosto do 2008 ata febreiro do 2009 e desde esa data non volveu a expedir o documento.

O detido foi posto a disposición do xulgado de Instrucción número 1 de Sarria.

Furto no Balneario de Guitiriz

Asemade, a Garda Civil investiga aos supostos autores dun delito de furto cometido o pasado día 6, nun balneario situado no termo municipal de Guitiriz. Os investigados son catro veciños de Abegondo (A Coruña), tres de 19 anos e un de 18 anos de idade que supostamente se fixeron con diverso material informático e outros efectos pendente de valoración pericial. As persoas investigadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com