A Policía Local de Lugo detivo na tarde de onte a un home como presunto autor dun delito de agresión, desobediencia e resistencia a axentes da autoridade. Os feitos tiveron lugar na zona de Infanta Elena, en torno ás 8 da tarde, cando os propios axentes observan a un turismo, circular a gran velocidade, procede da rúa Río Narla e que se introduce na avenida Infanta Elena, toma a glorieta a gran velocidade utilizando ambos carrís, para continuar en dirección cara á estación do Ferrocarril superando a velocidade permitida na vía e utilizando tamén ambos carrís. Os axentes alcanzan o vehículo na rotonda coa rúa Conde onde solicitan a documentación do coche e informan ao conductor das denuncias que lle van impoñer por infraccións á Lei de Seguridade Viaria.
O condutor aproximase aos axentes, según di o informe policial, con actitude violenta e con intención de agredir a un dos axentes abalánzase sobre el caendo ambos ao chan. A policía local inmobiliza e detén ao home que está a espera de pasar a disposición xudicial.