Detido un condutor ebrio por atentar contra os axentes

Un condutor causou un accidente na rúa San Roque, chocando contra os vehículos estacionados, tras o cal se deu á fuga, sendo localizado por axentes da Policía Nacional en Camiño da Costa. Lanzou un resultado positivo de 0.86 e 0.76 mg/L, motivo polo cal se instrúen dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, polo procedemento de xuízo rápido.

O condutor, ademais, resultou finalmente detido por un presunto delito de atentado a axentes da o autoridade, ao arremeter contra os axentes de Policía Nacional.

Denunciado por salatarse un control e protagonizar unha persecución por varias rúas da cidade

Asemade outro condutor que fai caso omiso aos sinais de “Alto” dos axentes que conforman un control, iniciando así unha fuga por varias rúas da cidade, chegando a circular en sentido contrario por toda a rúa Galicia, sendo finalmente interceptado por un indicativo do Grupo Operativo Nocturno na Rolda da Muralla, á altura da rúa San Pedro, onde o vehículo fuxido golpea contra o bordo e perde a dirección. O seu condutor lanza resultado positivo de 0.41 e 0.41 mg/L, polo que foi denunciado administrativamente. Ademais, tamén foi denunciado por conducir de forma temeraria (500 € e 6 puntos).

Fotografía: imaxe de arquivo control Policía Local.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com