Detido un home por ameazar e intentar agredir a persoal do PAC de Fingoi por non querer darlle un medicamento

O PAC de Fingoi continúa a rexistrar incidentes. Se o pasado mes, o persoal do Punto de Atención Continuada recibía un par de sustos logo de que alguén, dende fóra do centro, lanzara, por dúas veces, unha pedra polas fiestras; onte o persoal volveuse ver na obriga de chamar á Sala do 092 despois de que un usuario se presentara no centro solicitando medicamentos prohibidos e poñéndose moi agresivo.

Segundo relatan os axentes da patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que se trasladou ao centro de saúde en torno ás 8.50 horas. Ao chegar, os axentes son informados de que unha persoa presentárase no centro solicitando medicamentos prohibidos e, ao non darllos, comezou a poñerse moi agresivo, ameazando de morte ao persoal facultativo e rompendo o mobiliario do centro médico.

Os policías identifican a esta persoa, un home de 38 anos, que se atopaba gritando e nun momento dado comeza a ameazar gravemente aos axentes con frases como “vouvos cortar o pescozo a vós e aos médicos”, “vou coller a pistola e vouche pegar catro tiros”, etc…, abalanzándose sobre un dos policías ao que golpea nun brazo, tentando agredilo no resto do corpo.

Por tal motivo, os axentes proceden a reducilo e inmobilizalo, procedendo á súa detención polos delitos de atentando a axentes da autoridade, ameazas graves e danos no mobiliario, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Ameazas e intento de agresión

Ese mesmo día, en torno ás 18.20 horas, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é alertada pola Sala do 092 para que acuda a un inmoble da rúa Paxariños xa que ao parecer un individuo está a golpear a porta dunha vivenda e ameazando aos veciños do edificio. Os axentes localizan a esta persoa, un home de 56 anos, o cal se atopa moi agresivo, tratando de acougalo para pescudar o que estaba a pasar e lonxe de tranquilizarse comeza a bracear, propinando unha patada a un dos policías nun dos seus brazos e unha segunda patada no nocello, desprazando ao axente contra a parede.

Que se procede a reducir a esta persoa e cando estaba a ser baixada pola escaleira do edificio, nun momento determinado empuxa a un dos axentes cara ao oco das escaleiras, estando a piques de caer polo mesmo desde unha altura dun terceiro piso, dado que o pasamáns está por baixo da cintura, sendo agarrado polos seus compañeiros para non precipitarse.

Que se procede á detención desta persoa e o seu posterior traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un delito de atentado a axentes da autoridade para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Pescudouse que o detido vive nunha das vivendas e que chegou a coller do pescozo a unha persoa de avanzada idade que vive con el, ameazándoo de morte, nun momento que saíu da vivenda para comprar bebida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com