Detido un instalador de internet que aproveitaba a súa posición para roubar nas casas

Un home de 41 anos de idade, veciño de Lugo, foi detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito continuado de furto en vivendas habitadas da cidade. Os feitos tiveron lugar entre os meses de febreiro e marzo deste ano.

O detido, supostamente, aproveitaba a súa condición de instalador de internet para furtar xoias e cartos do interior das vivendas onde realizaba os traballos, vendendo, máis tarde, as xoias en  locais de compravenda de ouro.

No transcurso da investigación, os axentes da Garda Civil interviñeron diversas xoias que foron recoñecidas polos propietarios e devoltas aos mesmos. O detido foi posto a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com