Detido un lucense pola distribución de fotografías con contido sexual de menores

A Policía Nacional de Lugo detivo no día de onte a un veciño da localidade por un presunto delito de pedofilia e pornografía infantil en relación á distribución de fotografías con contido sexual de menores. Así o informou a Policía Nacional no día de onte, logo de explicar que a investigación arrancou na Comisaría de Ourense mediante un barrido informátivo periódico para detectar diversos tipos de delitos na rede. Asemade, había unha denuncia dun particular que poñía en coñecemento dos axentes un posible caso de pornografía infantil.

Os axentes ourensáns encargados da investigación de delitos tecnolóxicos, localizaron un chat onde se ofrecían imáxenes dun menor, dende Ourense lograron dar coa dirección e o ordenador do que salían esas fotos resultando ser na cidade de Lugo.

Pola súa banda, a Comisaría de Lugo puxo en coñecemento do Xulgado de Instrucción número 2 da cidade este caso concedendolles aos axentes a orde de entrada e rexistro domiciliario do presunto pedófilo. No rexistro os axentes incautaron material informático que compromete directamente ao detido que xa foi enviado a prisión polo Xulgado de Garda tras prestar declaración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com