A Garda Civil detén a unha persoa e investiga a outra, menor de idade, como supostos autores de tres roubos con forza cometidos en centros de educación da localidade de Guntín, lugares nos que tras o acceso ilícito conseguiron facerse cun botín valorado nuns 2500 euros consistente en diverso material musical, audiovisual e de cociña.
A investigación destes ilícitos penais, conduciu aos axentes ata os presuntos autores, os cales unha vez en poder do material, almacenábano nun local abandonado próximo á vivenda dun dos investigados, para posteriormente vendelo e obter un beneficio económico. Das investigacións practicadas pola Garda Civil, conseguiron localizar o material subtraído, procedendo á súa incautación e devolución aos centros educativos. As investigacións puxéronse en coñecemento da Autoridade Xudicial e da Fiscalía de Menores.