Detido un home de 45 anos veciño do concello lucense de Bóveda como presunto autor dun delito de tráfico de drogas. Canda el tamén foron prendidos dous homes de 45 e 47 anos naturais do concello coruñés de Abegondo.
No marco da operación policial fóronlle incautadas aos detidos varias bellotas de haxix duns 30 gramos de peso e 5 cigarros con supostas sustancias estupefacientes no seu interior.
A detención levouse a cabo cando os dous prendidos naturais de Abegondo facían entrega ao terceiro, veciño de Bóveda, destas sustancias. Foi nun centro asistencial do concello lucense. Os detidos xa foron postos a disposición do xulgado de garda de Monforte.