Detido un veciño de Burela de 41 anos como presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación e outro de lesións.
Os feitos que se lle imputan ocorreron o pasado día 22 de xuño, cando o prendido interceptou a unha terceira persoa pola rúa e pediulle en ton ameazante os cartos que levaba enriba e o seu teléfono móbil. Posteriormente agrediuno e rouboulle todos os obxectos que portaba.
A vítima tivo que ser atendida das súas lesións no Hospital da Costa de Burela. O home detido xa foi posto a disposición xudicial.