A Garda Civil detivo na localidade de Ribadeo a dous homes de nacionalidade rumanesa e veciños de Ribadeo, de 30 e 36 anos de idade como supostos autores dos delitos de estafa, falsidade documental e apropiación indebida.
Supostamente retiraron cunha tarxeta de crédito e sen consentimento do seu titular máis de 2000 euros, así mesmo falsificaron a firma do propietario dun vehículo de alta gama nun contrato de compra-venda coa finalidade de realizar a trasferencia do mesmo ao seu favor, realizando a posteriori diversos trámites para a obtención dun duplicado da tarxeta de inspección técnica, falsificando para iso unha declaración xurada e apropiándose do vehículo unha vez requirida a súa devolución por parte do lexítimo propietario.
Os detidos foron postos a disposición xudicial.