A Garda Civil de Lugo detivo o pasado onte a dous veciños desta Capital, como supostos autores dun delito de furto de farois de iluminación pública, que os autores do feito delituoso subtraeron das instalacións do mercado gandeiro que ten o Concello de Paradela, onde subtraeron 62 farois completos (postes, lámpadas e tulipas), valorando a totalidade do subtraído en 7.440 euros.
A investigación desta infracción penal conduciu aos Axentes cara a dúas persoas sospeitosas, as cales realizaran a venda do material nunha Chatarreira da provincia de Lugo. Das investigacións levadas a cabo pola Garda Civil conseguiuse deter ás persoas relacionadas cos feitos delituosos, quedando probada a autoría das infraccións penais investigadas, así como a localización dos efectos subtraídos e a devolución dos mesmos ao Concello de Paradela.
Os detidos foron postos a disposición do titular do Xulgado de Instrución Número Tres de Lugo.