A Garda Civil detivo en Sarria a dous homes de 38 e 41 anos como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación nunha entidade bancaria de Folgoso do Courel, de onde conseguiron sustraer 7.200 euros. O atraco tivo lugar o pasado 1 de setembro nunha sucursal da localidade de Seoane do Courel.
Segundo informou o Instituto Armado mediante un comunicado, os axentes determinaron que o autor material do atraco actuaba en solitario e ocultando a súa identidade. Contaba cunha suposta arma de fogo coa que ameazaba as súas vítimas, obrigándoas a axeonllarse e maniatándoas cunhas esposas metálicas.
Os prendidos, veciños de Sarria, eran dous homes da localidade perfectamente integradas na poboación e cunha actividade industrial como modo de vida, polo que non despertaban ningunha sospeita. Nos rexistros efectuados nos seus domicilios e nunha empresa, os axentes atoparon unha pistola simulada, vestimentas similares ás usadas o día do atraco, 6.500 euros e documentación relativa a un vehículo empregado no atraco.