A Garda Civil vén de deter en Ribadeo a un veciño de Ferrol e a outra de Viveiro, de 39 e 25 anos como presuntos autores dun roubo con forza nas cousas no interior dun vehículo.
Os feitos tiveron lugar en torno ás 18.00 horas de onte na localidade ribadense, cando os presuntos autores, tras golpear a fiestra da porta traseira do turismo subtraxeron do seu interior diversos obxectos.
Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrucción número un de Mondoñedo.