A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 578, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos.
Primeira Vítima polo Coronavirus en Lugo
Unha persoa que permanecía ingresada na Residencia de Monforte é o primeiro falecemento polo lo andazo do Covid-19 na nosa provincia. O doente que sufría múltiples patoloxías levaba varios días internado.