Dez obradoiros e unha master class de fotografía para inaugurar o Edificio de Novas Tecnoloxías

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este martes a programación de inicio da actividade formativa do edificio de novas tecnoloxías,  organizada polo Concello. Serán 150 prazas totalmente gratuítas en 10 obradoiros dirixidos a públicos de todas as idades, que se desenvolverán dende o 29 de maio ao 30 de xuño, nas recén estreadas instalacións deste centro, situado na Praza Anxo Fernández Gómez.

No acto, Rielo subliñou que se trata de “píldoras formativas curtiñas, para detectar tamén cales son as temáticas de maior interese da cidadanía e ir abordando nelas” Ademais, incidiu na excelente oportunidade que supoñen estes cursos para coñecer as vantaxes das novas tecnoloxías, mellorar as competencias dixitais e impulsar o desenvolvemento persoal no ámbito da tecnoloxía.

Entre as distintas alternativas de accións formativas que ofrece o Concello atópanse trámites electrónicos coa administración, iniciación á informática, utilización de smartphones, internet seguro, posicionamento web e seo, redes sociais, retoque fotográfico co smarphone, compra e venda online, e creación de aplicacións móbiles.

Inscricións 

Para inscribirse nalgún destes cursos é necesario achegarse ao Edificio de Novas Tecnoloxías, aberto en horario de luns a sábado, de 10:00 a 13:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com