O Día dos Maiores congregou arredor dunhas 600 persoas en Lugo

A xornada, á que asistiron unhas 600 persoas, celebrouse en tres das casetas de polbo do  San Froilán, onde os asistentes puideron gozar dunha tarde convivencia e dunha oportunidade para compartir experiencias. Neste xantar tamén participaron a alcaldesa de Lugo Lara Méndez;  a concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira; o Voceiro Municipal, Miguel Fernández; a concelleira, Ana Prieto; así como representantes dos grupos municipais do Partido Popular, Lugonovo e Cidadáns.

Méndez destacou o papel dos maiores na sociedade actual e subliñou a importancia que teñen moitos deles como soporte de moitas familias, ao tempo que chamou a respectar os seus dereitos e incidiu en fomentar a súa participación activa. Nesta liña, o Concello, ademais de ofrecer servizos dirixidos a atender as súas necesidades, como o xantar no fogar, ten en marcha actividades socioculturais, lúdicas e deportivas que faciliten que se manteñan activos, se relacionen con outras persoas e continúen implicados na vida da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com