Día internacional contra o Cancro

Representantes de todos os partidos políticos representados no concello, así como a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos  e o Vicepresidente Álvaro Santos,  Secretaria da Xunta en Lugo Marta Barreiro, a Presidenta da Asociación contra o Cancro María Luz Abella e a Presidenta de El Progreso, Blanca García participaron este domingo nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama, unha enfermidade que ten unha incidencia anual no estado de máis de 25.000 casos.

Entre estas actividades, nos xardíns da Mosquera formouse un lazo xigante de flores de cor rosa, símbolo de loita contra unha enfermidade que afecta a unha de cada oito mulleres. O Concello colabora nesta iniciativa organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o Grupo El Progreso para apoiar ás mulleres na súa loita diaria para superar esta enfermidade, pero tamén ás súas familias e amigos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com