Este domingo tivo lugar a celebración do Día do Veciño, un evento co que colabora o Concello e que reuniu a máis de 3.800 persoas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez que participou na celebración, aproveitou a ocasión para felicitar á Federación de Asociacións Veciñais Lucenses polo seu traballo, así como para destacar a importancia deste colectivo na cidade e na provincia.
O Día do Veciño incluíu, ademais da tradicional comida, unha mostra de artesanía e un partido de fútbol, así como a entrega dos premios da V de Veciño, que recoñecen o labor das persoas que colaboran co movemento veciñal.