Diminúe un 7% a delincuencia en Sarria no primeiro cuadrimestre do ano

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa en funcións de Sarria, Pilar López, copresidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade na que se analizou a evolución da delincuencia neste concello e se tratou dos dispositivos de seguridade para os eventos festivos que se celebrarán durante o verán. Ademais da subdelegada do Goberno e a rexedora municipal, na xuntanza, que se celebrou esta mañá na Casa do Concello, participaron na reunión representantes da Garda Civil e o Subsector de Tráfico, da Policía Autonómica e da Policía Local.

En canto á evolución da delincuencia no que vai de ano, Isabel Rodríguez informou de que, de acordo cos datos oficiais da Garda Civil, no primeiro cuadrimestre de 2019 rexistráronse 9 denuncias menos por infraccións penais en Sarria que nos mesmos meses do ano pasado. Concretamente, de xaneiro a abril deste ano denunciáronse 119 infraccións penais, 58 delas foron por delitos graves ou menos graves e 61 por delitos leves.

Esta cifra supón unha diminución do 7,03% respecto ao mesmo período do ano anterior, xa que nos catro primeiros meses de 2018 denunciáranse 128 infraccións penais.

Outro aspecto que analizou a Xunta Local de Seguridade foi a incidencia neste Concello da violencia de xénero. No que levamos de 2019, entre os meses de xaneiro e abril, rexistráronse 5 denuncias por violencia de xénero. En todo o ano 2018 computáronse 15 denuncias por este motivo e en 2017 a cifra fora de 12.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com