O alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, vén de presentar a súa dimisión como alcalde da localidade, quedando no seu posto, de xeito provisional, e cando se faga efectiva a renuncia da súa acta, Xavier Vázquez, edil de Compromiso por Galicia (CxG).
Gato Soengas, que foi expulsado da formación coa que concorreu ás eleccións municipais, Independentes de Monterroso, e segundo informan fontes municipais, chegou a un pacto co concelleiro de CxG tras separarse do acordo co PSdeG ao cesar, por decreto, a dous ediles e tras presentar outra edil socialista a súa renuncia.
O vindeiro luns, previsiblemente, surtirá efecto a súa renuncia como alcalde, no pleno municipal que deberá repetir sesión para elexir a un novo rexedor.