Dimite o concelleiro do BNG Felipe Rivas

O concelleiro do BNG Felipe Rivas anunciou hoxe en rolda de prensa a súa decisión de dar o relevo como concelleiro da Corporación Municipal de Lugo por motivos persoais. O concelleiro agradeceu o apoio recibido polo BNG e polo Grupo Municipal e afirmou que “este grupo continuará a traballar por Lugo en sincronía e unido”.

A concellería de Educación presta importantes servizos ás familias, tanto coa xestión de escolas infantís ou comedores escolares, como con axudas de material escolar, que axudan a reducir a presión económica que supón o comezo dun novo curso.  O Portavoz do BNG, Rubén Arroxo, destacou o papel de Rivas á fronte da Responsabilidade Local “nun período que contou con múltiples procesos electorais, o que supuxo un esforzo maior ao habitual”

O Portavoz do BNG presentou a Iria Buide, integrante número 6 da candidatura do BNG no ano 2023. Buide é técnico en anatomía patolóxica profesora de inglés. Buide desenvolveu nos últimos anos distintas responsabilidades dentro da organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, onde foi responsábel nacional de mulleres, ademais de formar parte actualmente do Consello Local do BNG. Iria Buide agradeceu o traballo de Felipe nos últimos anos e afirmou que asume o reto de entrar a formar parte da Corporación Municipal “con ilusión e ganas para traballar por Lugo, a razón pola que estamos aquí”. Buide afirmou que o BNG conta cun “proxecto sólido para a cidade” e destacou que traballará “para aportar e seguir cambiando Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com