Dimite o Emilio Martínez, Director de RRHH no Concello de Lugo

Emilio Manuel Martínez, ata hoxe director de Recursos Humanos no Concello de Lugo, presentou a renuncia ao seu posto, unha dimisión que foi aceptada hoxe en Xunta de Goberno. Así o explicou esta mañá o voceiro do goberno en funcións, Miguel Fernández, quen aclarou que Martínez pediu o seu cese voluntario.

Segundo explican dende o goberno municipal, a praza vacante non se cubrirá ata que se peche a nova corporación, acto que se producirá o sábado 15 de xuño.

Lugonovo, decepcionado

A plataforma cidadá Lugonovo, foi a primeira en amosar a súa decepción e preocupación por este cese. Segundo explican nun comunicado, “é unha mostra do alcance dun problema central para a xestión do Concello”. Así o explicaba a xestora da formación que lembraba que este posto, ocupado dende hai un ano por Martínez, foi creado para “pór orde a unha situación insostible” e que non conseguiu “os seus obxectivos”-
Lugonovo asegura que a regularización da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello debe “ser unha prioridade” para a nova corporación e, aseguran, “continuaremos a vixiar que así sexa”. “Esperamos que a nova corporación teña como foco preferente a organización do persoal do concello, e se poñan inmediatamente mans á obra para resolver este problema. Todos os proxectos de xestión de recursos públicos e do ben común deben partir da base do material humano que fará o traballo”, sentenzan.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Sebas
    Xuñ 06, 2019 - 10:00 AM

    Tanta gloria lleves como paz dejas…………

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com