A Fundación ISHR é unha sociedade sen ánimo de lucro establecida no 2008, que promove a divulgación dos Dereitos Humanos a través da educación e das artes. A International Solidarity for Human Rights xunto a plataforma turística Where is Asturias impulsaron a iniciativa ‘A Ruta dos Dereitos Humanos’, que abarca varias accións pioneiras en Europa, dirixidas a divulgar os principios da Declaración Universal dos Dereitos Humanos a través do Camiño de Santiago.
Por un lado, conscientes da relevancia adquirida polo Camiño de Santiago, no 2015 a presidenta da Fundación Elisabeth Sánchez Vegas e a directora Devorah Sasha percorreron o Camiño Primitivo, visitando colexios co obxecto de formar ao alumnado nos dereitos humanos. Xa no 2016, iniciaron de novo unha viaxe a través do Camiño Primitivo, para colocar placas representativas dos artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948, entre Oviedo e Santiago de Compostela.
Visita a Mondoñedo
Coincidindo cunha nova visita á Galicia para continuar coa colocación das placas, a alcaldesa de Mondoñedo invitou ás directivas da asociación a desprazarse ata este concello, unha das localidades máis importantes do Camiño do Norte.
Na visita mindoniense participarán a presidenta e a directora da Fundación, Elizabeth Sánchez Vega e Devorah Sasha, respectivamente, acompañadas dunha das embaixadoras e patroas da Internacional Solidarity for Human Rights, Wilma Bulkin Siegel, académica pioneira na investigación oncolóxica e do SIDA, afamada tamén no seu eido artístico dado os seus retratos realizados sobre temas sociais.