Disolta unha quedada de vehículos no Polígono das Gándaras

A través das redes sociais tense coñecemento da convocatoria dunha quedada de vehículos, a noite do sábado 9 de marzo, denominada Fire Night, nas inmediacións dun local de hostalería do polígono industrial de As Gándaras, polo que se establece un dispositivo especial no que participan efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, observando como no establecemento se colocou, tanto no interior como no exterior, información  promocionando unha oferta de bebidas alcohólicas, consistente nun “3×2 en copas”, polo que se procede á identificación do responsable, levantándose acta de denuncia por infracción grave á normativa de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, propoñéndose sanción, que no seu grao mínimo podería alcanzar 6.000 euros e no seu grao máximo 15.000 euros.

Asemade estaba anunciada unha actuación dun DJ e a concentración de vehículos nun estacionamento anexo, indicando na publicidade do evento que se realizaría unha “proba de son” dos vehículos, solicitando os axentes o correspondente título habilitante para a realización destes actos, manifestando o responsable que carecía de autorización, polo que se prohibiu a súa realización.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com