O kit hixienizante da campaña ‘Lu…guau’ que entrega a área de Medio Ambiente do Concello co fin de concienciar aos propietarios dos cans a que sexan proactivos na limpeza dos ouriños das súas mascotas, podese recoller xa na oficina de atención cidadá LuceLugo, ubicada na rúa Clérigos.
O obxectivo desta acción é apelar á responsabilidade e á obriga dos donos de cans no coidado e limpeza tanto dos espazos públicos da cidade como nas fachadas das vivendas privadas, evitando manchas e malos cheiros.
Baixo o lema “Deixa a súa pegada, non os seus ouriños“, o Concello distribuíu nas distintas prazas do municipio máis de 2.500 recipientes reutilizables con vinagre branco, que actúa de desinfectante natural. O líquido deberá botarse tras os ouriños para aclaralos e axudar, así mesmo, a que outros cans non mexen no mesmo sitio.
Agora, a veciñanza tamén pode recoller os recipientes na oficina de atención cidadá do servizo de limpeza e recollida de lixo municipal, LuceLugo, de luns a venres laborables, en horario de 09.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.15 horas.