Na xornada de hoxe, a neve fixo acto de presencia na montaña lucense. A Deputación mantén activado o dispositivo de emerxencias para facer fronte ás nevadas en 12 concellos da provincia, co fin de garantir a seguridade nas vías provinciais e municipais. Dende a DXT piden aos condutores que extremen a precaución na A6, no municipio de Pedrafita do Cebreiro. O organismo provincial despregou un total de 30 operarios, 6 máquinas quita neves, 3 tractores de apoio con cuña e saleiro e 3 vehículos pick up con cuñas; así como material de apoio para limpar de xeo e neve estas estradas da rede viaria provincial, a máis extensa do estado.
Os operarios do dispositivo invernal da Deputación están a limpar preto de 40 estradas provinciais en 12 Concellos lucenses. Estas son:
Baleira: LU-P-0401 “De Corveira, por Corneas ao Restelo”.
Courel: LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “de Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-1305 “de Campa por Vilar a Alto do Boi”.
Cervantes: LU-P-1401 “de LU-P-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres bispos”; LU-P-1411 “de Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”.
O Incio: LU-P-2505 “de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón”.
Navia de Suarna: 3501 “Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; LU-P-3508 “de Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “De Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “De Navia ao alto de Labiadas”.
Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “de Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.
As Nogais: LU-P-3701 “de As Nogais, por Pintinidoira á 4504”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullán e Vilasol a Nullán”.
Pedrafita: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullán”.
Quiroga: LU-P- 5001 “de Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial”; LU-P-5002, LU-P-5005.
Ribeira de Piquín: LU-P- 1906 “ de Pedrafitelas, por Vilares a Os Cangos”; LU-P- 4606 “De Rioxuan, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido a Asturias”.
Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “de Megoxe a Ferrería do Incio”; LU-P-5605 “de Parada, por Santalla a Ponte Louzara”.
Triacastela: LU-P-3702 “de As Nogais, por Nullán a Lamas”; LU-P-6201 “de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei”; LU-P-0706, LU-P-4505.