Dispositivo especial de seguridade por mor da media maratón Cidade de Lugo

O Concello de Lugo deu a coñecer hoxe o plan de tráfico que se porá en marcha este domingo para garantir a seguridade viaria durante o transcurso da media maratón Cidade de Lugo. Unha competición que se desenvolverá por diferentes rúas da capital e que precisa, no seu transcurso, da ocupación de determinados espazos, en condicións de seguridade tanto para organización como para os participantes e os usuarios ou residentes das zonas de influencia.

A sexta edición deste evento deportivo reunirá a máis de mil participantes e contará con dúas modalidades, unha proba de 10 quilómetros, e outra de 21. A saída e a meta estarán situadas nas inmediacións da Praza da Horta do Seminario de Lugo o que obrigará a pechar ao público, durante a mañá, o estacionamento do edificio do Seminario.

O dispositivo habilitado polo Concello estará composto por 32 axentes da Policía Local que, xunto a 60 voluntarios da organización, velarán para que todo o evento discorra coa maior efectividade e ocasionando as menores molestias posibles.

As vías, incluídas no percorrido, que serán cortadas ao tráfico a partir das 09:30 horas do domingo, 12 de maio, serán: Avenida Ramón Ferreiro, Avenida Alcalde Anxo López Pérez, Rolda da Muralla, Avenida de A Coruña, Rúa Montefaro, Rúa Poeta Manuel María, Rúa Otero Besteiro, Rúa Anselmo Sampedro Ania, Rúa da Milagrosa, Rúa Curros Enríquez, Rúa Bo Xesús, Praza Santa María, Praza Maior, Rúa da Raíña, Praza Santo Domingo, Rúa Quiroga Ballesteros, Rúa San Froilán, Rúa San Fernando, Rúa San Marcos, Rúa do Progreso, Rúa San Pedro, Praza Anxo Fernández Gómez, Praza Campo Castelo, Rúa Bispo Aguirre, Avenida de Rodríguez Mourelo e Avenida Doutor García Portela.

Debido á duración do corte de tráfico preciso para a realización do evento (09:30 a 13:00 horas) e co fin de minimizar os efectos sobre o tránsito rodado e o transporte público, permitirase a circulación de vehículos nos seguintes tramos do circuíto:

 a) Avenida Ramón Ferreiro, dende Rúa Cornubia ata Fonte do Rei, onde habilitarase con liña de conos a circulación de vehículos polo carril dereito dende Cornubia e o exterior da Fonte do Rei cara San Roque.

 b) Carril dereito da Rolda da Muralla, segundo o sentido de circulación, dende Rúa San Roque ata a intersección con Rúa Monforte. Neste tramo, o carril esquerdo, será acoutado con conos pola Organización para los corredores participantes.

O resto do circuíto estará pechado. Permitirase a saída de residentes na medida do posible e sempre de forma controlada a través dos seguintes puntos: Carril dos Loureiros, Rúa Vilalba en sentido contrario pola Ronda da Muralla ata Rúa Santiago.

Para montaxe e desmontaxe da infraestructura da proba, precisase a ocupación da Praza Horta do Seminario, o peche ao tráfico rodado do tramo anexo a praza de Avenida Ramón Ferreiro, entre Avenida Alcalde Anxo López Pérez e Salvador de Madariaga, e a reserva das prazas de aparcamento existentes anexas á Praza Horta do Seminario, lugar onde a organización instalará a súa infraestructura de carreira, dende o sábado 11, ás 9:00 horas ata o domingo 12 as 20:00 horas.

Dende o domingo 12 ás 00:00 h. ata as 13:00 horas precisase a reserva e liberación de espazos de zonas de estacionamento nos seguintes puntos:

– Liberación total da fila de aparcamento no lateral das vivendas e garaxes e o lateral do instituto (aparcamentos á dereita segundo os sentidos da circulación) de Avenida Rodríguez Mourelo, dende Avenida Ramón Ferreiro ata Praza de Avilés.

– Liberación tamén das prazas de estacionamento do marxe dereito segundo sentido de avance de Avenida Doutor García Portela.

Dende o domingo 12 ás 00:00 h. ata as 13:00 horas precisase a reserva e liberación de espazos de zonas de estacionamento nos seguintes puntos: Liberación total da fila de aparcamento no lateral esquerdo segundo sentido de circulación da carreira cara a Mosqueira, coincidente coa beirarrúa do Edificio Administrativo do Excmo Concello de Lugo, Colexio Maristas e a Praza da Constitución.

Toda a información sobre o evento deportivo atópase na web oficial: www.mmcidadelugo.com. A proba estará controlada por CCNORTE e dispoñerá varios controis de paso tanto en puntos estratéxicos como en puntos quilométricos para o correcto control dos participantes.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com