O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá o vindeiro venres, 15 de xullo, a segunda edición do Festival Internacional Mural Folk, que terá lugar ás 20:30 horas. O Concello de Lugo presentaba esta mañá este evento que a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, definiu como “multicultural e multicor”, dirixido a todos os públicos e a todas as idades.
Todos os interesados en asistir a este festival no que actuarán os grupos Cántigas e Frores e Sol Argentino e o cantautor Walter Cesar, de Uruguay, poden facelo por 5 euros ese mesmo día no propio auditorio. Os colectivos que queiran comprar as entradas de xeito anticipado deberán poñerse en contacto coa Asociación Cultural Mural Folk ou coa asociación Rioplatenses, e poderán adquirila por un prezo de 4 euros.
Durante a presentación, Basadre destacou que este festival, é máis que un certame de música folk, senón que é unha mostra de diversidade cultural e solidariedade, que se reflexa en que o 20% da redacación irá a parar ao Banco de Alimentos.