Dj Frisco & Marcos Peón entran no TOP 10 da lista Comercial do Reino Unido con”I got to shake it”

O novo single dos Djs e produtores galegos, Frisco Taibo e Marcos Peón , xa se situou nas listas máis importantes de música electrónica europeas. Soando xa en emisoras de países como Ucraína, Suíza, Rusia, España, Colombia, EEUU, Alemaña, Perú, México, Canadá ou Reino Unido, onde poucos días despois do seu lanzamento situouse no posto número 10 da lista comercial máis importante do país anglosaxón.

O novo sinxelo dos produtores galegos foi avalado por artistas tan importantes como Don Diablo, KRYDER , Bimbo Jones, Nick Fiorucci, Sergio Matina, Joachim Garraud, Tomo Hirata, Franco Bianco ou Jack Frost.

Nesta ocasión , Dj Frisco e Marcos Peón, contan coa colaboración dunha das grandes voces ucraínas, Stacie, que xa conseguiu varios números un nas emisoras de radio máis importantes do seu país. O novo sinxelo de Taibo e Peón saíu á venda por DeVuu Records, un dos selos discográficos de música house máis importantes de Europa, polo que esperan abrir un pouco máis o seu mercado internacional. “I got to shake” con sons moi bailongos funky house, é a gran aposta para este verán de Dj Frisco e Marcos Peón que xa traballan nunha nova produción.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com