Dj Frisco e Marcos Peón preparan o lanzamento do seu novo single Ain´t That A Same. Nesta ocasión os produtores galegos fan un xiro de 180 graos ao que nos teñen afeitos e sorpréndennos coa súa primeira produción de música de club, deixando apartada a súa faceta máis comercial.
Ain´ t That A Same é unha canción “de auténtico son house” como eles defínena , coa que esperan expandir un pouco máis o seu mercado actual e que sairá á venda moi pronto baixo un dos selos discográficos máis importantes de Europa. Frisco e Marcos na actualidade seguen coa súa faceta de dj , na que levan preto xa de 20 anos e que proximamente estarán a facer gozar ao seu público, cos seus enérxicos sets, en cidades como Hartberg (Austria) , Lugo, Vegadeo ou Monforte.
Imaxe: Freud Land’s Films