Durante a fin de semana a policía levantou ata unha docena de actas denuncia por infracción á normativa da Consellería de Sanidade con ocasión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, polos seguintes motivos:
Acta denuncia por consumo de tabaco na vía pública sen manter a distancia de dous metros con outras persoas.
5 actas por fumar compartindo unha cachimba no interior dun local de hostalería da rúa Concepción Arenal.
Acta denuncia por consumir en barra no interior dun establecemento público da Rúa Nova.
5 actas por transitar pola vía pública sen levar posta a máscara de protección, sen estar incluído en ningunha das causas de exención establecidas na normativa vixente