‘Don Ricardo de Fingoi’ chega ao CEIP San Miguel de Paradela

A exposición Don Ricardo de Fingoi, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada hoxe no CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela, onde permanecerá ata o vindeiro venres. Ao acto de inauguración asistiron Iago Corral, director do centro; José Manuel Mato, alcalde de Paradela; Adrián Fernández, tenente de alcalde de Paradela, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, ademais dun  grupo de alumnos e alumnas do centro.

A mostra, organizada polo Colectivo Egeria, con patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega e o Colexio de Fingoi, reflicte as “pegadas de Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (1950-1965), e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita. O proxecto Don Ricardo de Fingoi inclúe, ademais desta exposición itinerante, un folleto que reflicte integramente os trece paneis, e unha web e un libro que recollerán opinións e lembranzas de ex-alumnos de Carballo Calero no Colexio de Fingoi.

No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e publicou a súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea. A exposición ten carácter itinerante, iniciando o seu percorrido no Colexio Fingoi (Lugo) o pasado 15 de xaneiro, e nas vindeiras semanas chegará a centros educativos, culturais e concellos de toda Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com