Dous falecementos onte elevaban ata 125 as mortes causadas polo Coronavirus. As dúas vítimas, mulleres, finaron no HULA procedentes de candansúa residencia. Así, a primeira,de 82 anos era usuaria da Residencia San Salvador de Guntín e, a segunda, de 74 anos, viña do centro para a terceira idade de Vilalba.
Malia as mortes rexistradas, como diciamos ao principio, o avance da enfermidade comezou a frearse na nosa provincia. Así, descendían hoxe as cifras de casos activos e de novas confirmacións así como a presión hospitalaria. Foron 61 as persoas que recibiron a alta médica onte, deixando a cifra de casos activos en 911, 26 menos que onte, logo das 37 novas infeccións detectadas por PCR.
Nos centros hospitalarios da provincia hai hoxe 30 persoas ingresadas con infección activa, 8 menos ca onte, asemade, a UCI do HULA conta tan só con dúas camas ocupadas por casos covid; o que supón unha menos ca onte.
Con estas cifras enriba da mesa, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, avanzaba onte a tarde o visto e prace a un proceso de desescalada para Galicia. Así o plan da administración para esta nova fase comeza un mes despois do establecemento das novas restricións que, di o executivo galego, cumpliron parte dos obxectivos, ao reducir un 25% dos casos e as hospitalizacións na comunidade. Así a nova desescalada arrancará este venres permitindo a reapertura dos locais de hostalería que dependerá da incidencia detectada a 14 días para decidir se un concello pode ou non abrir ao completo estes locais. Así, nos Concellos de máis incidencia como o de Vilalba, as terrazas abrirán ao 50% da súa capacidade e só ata as 5 da tarde puidendose reunir ata 4 persoas non conviventes.
Nos de nivel medio alto de incidencia, é dicir, concellos con entre 150 e 250 casos por cada 100 mil habitantes, como Lugo, a hostalería abrirá en interior ao 30% e en terrazas ao 50% da súa capacidade, tamén ata as 5 da tarde e puidendo xuntarse ata 4 non conviventes.
Nos niveis medios, en concellos como Burela, poderán xuntarse ata 6 persoas non conviventes, eso si respetando unha ocupación máxima na hostalería de ata o 40 % en interior e o 50% en exteriores, eso si, xa sen horarios.
Por último, nos demais concellos, que conten con menos de 50 casos por cada 100 mil habitantes a hostalería poderá abrir ao 50% en interior do local e ata ao 75% nas terrazas xuntando ata 6 persoas non convivintes.Ademáis, neste nivel desaparecen as limitación á mobilidade