Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión rexistrada esta tarde na Autovía A-6, ao seu paso polo concello do Corgo. Os ocupantes do coche, un pai e o seu fillo menor de idade, puideron saír polo seu propio pé. O sinistro aconteceu no quilómetro 484, en sentido Lugo. O coche no que circulaban bateu contra un vehículo de transporte especial. O turismo quedou debaixo do tráiler.
Segundo o servizo de emerxencias 112, o sinistro tivo lugar ás 16:30 horas desta tarde. Até o lugar acudiron unha ambulancia de Urxencias Médicas, os Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico.