Dous feridos en Monterroso ao envorcar unha furgoneta

Dúas persoas resultaron feridas despois de que se saíse da vía a furgoneta na que viaxaban na LU-221, entre Palas de Rei e Monterroso

Segundo o servizo de emerxencias 112 o sinistro ocorreu pouco despois das dúas da tarde. Unha persoa particular deu a voz de alarma e a partir de aí, se activou un operativo no que participaron os membros do GES de Monterroso, os Bombeiros de Chantada e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tamén acudiu un equipo de limpeza para recoller o aceite que derramou o vehículo tras o golpe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com