O lume comezou ao redor das sobre as 09.30 de hoxe e afecta á nave de Sidegal, empresa de desguaces, no polígono de O Ceao. Nestes intres traballan a reo os equipos de extinción de incendios para evitar que o lume se propage ás naves colindantes.
Nestes momentos hai polo menos dúas persoas feridas, que segundo as primeiras informacións serían dous traballadores da empresa.
O lume iniciouse cara ás 09.35 horas desta mañá e a mobilización de medios municipais foi inmediata. No lugar dos feitos actuaron desde esa hora preto de 20 bombeiros, así como diversos vehículos de estinción asociados a estes equipos que dispuxeron de recursos materiais e hídricos necesarios en todo momento. Tamén coordinaron os labores de seguridade na zona tres indicativos da Policía local, outras dotacións da Policía Nacional e membros do Servizo Municipal de Protección Civil. A falta de que se confirme na posterior investigación, a orixe do lume parece que estivo no cuarto de residuos.