Dúas persoas resultaron feridas tras unha colisión entre un autobús urbán e un vehículo na confluencia da rúa Armónica coa rúa Illa de Man.
Segundo o servizo de emerxencias 112, un dos feridos foi unha persoa que viaxaba no autobús. O outro, un ocupante do turismo. Un deles tivo que ser trasladado ao hospital Polusa da cidade.
O suceso tivo lugar contra as sete da tarde. Foi un particular o que deu a voz de alarma. Ao lugar dos feitos acudiron os bombeiros de Lugo, Urxencias Médicas, efectivos da Policía local e de Protección civil.