Dous incendios en Navia e A Fonsagrada queiman nas últimas horas unhas 200 hectáreas

Extinguido o incendio que onte se iniciaba no concello da Fonsagrada, na parroquia de Paradavella. Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 104 hectáreas, das cales 44 son arboradas e 60 de monte raso. O lume quedaba sufocado ás 17:05 de hoxe

Tamén esta mesma tarde quedaba controlado o lume de Navia de Suarna que obrigou a decretar a ‘Situación 2’ de emerxencia pola proximidade das lapas ás casas. Iniciouse ás 21:08 de onte, na parroquia de Rao e a esta hora xa foi controlado tras queimar unhas 80 hectáreas. No lugar continúan traballando 1 técnico, 7 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas e 1 pa. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais.

Ademais, Continúa controlado desde as 06:11 horas do luns o incendio rexistrado na localidade lucense de Chantada, parroquia de Requeixo, que se iniciaba o domingo ás 15:04 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 106,44 hectáreas, das cales 49,14 son arboradas e 57,3 rasas. Levan traballando na súa extinción 1 técnico, 10 axentes, 45 brigadas, 19 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 3 avións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com