No día de onte faleceron dous anciáns no hospital Polusa, un home de 92 anos e unha muller de 77. Con estas dúas novas mortes a provincia de Lugo suma un total de 70 falecidos por coronavirus. En canto ao número de positivos nas últimas 24 horas, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que na área sanitaria de Lugo é de 772, 9 casos activos menos.
En Galicia, o número de casos activos de coronavirus é de 4.306 deles 1.236 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 584 da de Pontevedra, 394 da área de Vigo, 635 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.077 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.064 persoas curadas, rexistrándose 701 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron, unha muller de 56 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro, un home de 56 anos que estaba ingresado no CHOP, e unha muller de 77 anos que estaba ingresada no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 410.517.