Dous peregrinos resultaron feridos grave tras caer da bicicleta na que viaxaban. Sucedeu ás tres e media desta tarde na LU-633, entre Monterroso e Palas de Rei, no lugar de Ligonde.
Un dos feridos tivo que ser evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, mentres que unha ambulancia levaba ao outro ferido ao hospital de referencia.
O persoal do CAE 112 Galicia activou o operativo grazas á chamada dun particular. Ademais dos servizos médicos, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias informaron aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Monterroso.