Drons da Xunta continúan buscando en Chantada ao ancián desaparecido

Os drons da Xunta continúan buscando ao ancián de 77 anos desaparecido en Chantada. A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) realizou durante o día de hoxe unha nova batida na procura do home, que permanece desaparecido desde o pasado día 15.

Foi ese día cando a súa familia presentou a denuncia no cuartel da Garda Civil, en Chantada, e, tras os primeiros rastrexos localizaron varias pertenzas do home. Con todo, a día de hoxe aínda non deron co seu paradoiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com